O recurso do Goberno contra a sentenza que avala o veto ao palangre demersal en 87 zonas do Atlántico nororiental é considerado pola Xunta coma unha apertura de portas á participación da comunidade autónoma no procedemento -no que xa traballan os servizos xurídicos galegos- co obxectivo de aportar información de carácter técnico que permita reforzar as posibilidades de éxito do devandito recurso.
Por primeira vez, a conselleira do Mar concorda co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en que o paso dado por este organismo “permite seguir defendendo os intereses da nosa frota como vimos facendo ata o de agora”.
Compre lembrar que os Estados membros da UE son demandantes “privilexiados” nos recursos contra sentenzas do Tribunal Xeral que se circunscriban

