Porque “o lume golpea o corazón económico e social de España e das nosas zonas rurais”, segundo a formulación do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, quen anunciou que o Goberno apoiará aos agricultores, gandeiros e titulares de explotacións afectados polos incendios forestais -finalmente apagados xa na comunidade autónoma galega-. Un goberno, dixo tamén Luis Planas, que vai “dar resposta aos afectados, adoptando as medidas necesarias como o fixemos desde xuño de 2018 en cada situación extraordinaria”.
Son estas medidas que coñeceremos a mediados da semana en curso e que se irán estudando polo miúdo dada a situación de verdadeira emerxencia que se vive en Galicia, especialmente onde os incendios forestais acadaron dimensións históricas.

