Sí, é certo o que dí o proverbio chinés: “o imposible dura un pouco máis” o que non significa que dure eternamente, porque virá un día no que a imposibilidade chegue ao seu remate dado que o imposible é finito e ata as demoras médicas en atención especializada e a falta de profesionais en atención primaria en Ribeira terán solución.
Quen non lembra alugar un taxi para acudir con urxencia á consulta médica a Santiago de Compostela?. Canto foi necesario pedir e mesmo esixir ata que Ribeira chegou a dispor, primeiro, do centro de saúde e, anos dempois, do hospital público que hoxe é unha realidade?. Esta, sen embargo, nada ten que ver co que os barbanzáns queren e precisan. Porque o

