No ano 1986, España celebrou un referendo sobre a súa permanencia no seo da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) cuxo acceso tanto custara no seu tempo ao socialista Felipe González, na súa condición de presidente de España.
A resposta maioritaria da cidadanía española con dereito a voto a esa consulta foi netamente favorable á continuidade que agora, no seu segundo mandado coma presidente dos Estados Unidos, Donald Trump tenta interromper.
Así o manifestou o xoves -antes de que se decidira en Suecia a gañadora do premio Nobel da Paz que arelaba o propio Trump- ao sinalar nunha das súas moitas absurdas propostas, que “se debería formular a expulsión de España da OTAN”.
Deixando ben sentadoSeguir leyendo