A senadora nacionalista galega Carme da Silva advirte que Galicia “non pode seguir a asumir recurtes que poñan en risco a viabilidade da súa frota”. Por este feito reclama ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación unha posición firme nas negociacións da UE para garantir a sustentabilidade da frota pesqueira galega.
Carme da Silva ven de rexistrar iniciativas para demandar ao Goberno español unha posición firme na defensa dos intereses da frota galega fronte á nova proposta da Comisión Europea sobre Totais Admisíbeis de Captura (TAC) e cotas pesqueiras para o ano 2026.
A senadora galega advirte que a proposta comunitaria “supón un novo golpe para a frota galega, que leva anos soportando recortes e limitacións que

