A vila de Noia celebrou esta tarde, malia á intensa chuvia, a inauguración oficial do seu Museo do Mar, que reabre ao público tras varios anos pechado. Máis dun cento de persoas participaron no acto, no que puideron descubrir a nova proposta museística a través dunha visita guiada polas súas tres plantas completamente remodeladas.
A renovación do espazo é resultado da colaboración entre o Concello de Noia e a Asociación Mar de Noia, que uniron esforzos para dar forma a un museo moderno, divulgativo e profundamente enraizado na identidade mariñeira do municipio.
Durante o acto interviñeron o alcalde, Fran Pérez, e o tenente de alcalde, Manolo Seijas, quen destacaron que este é “o modelo de Museo do Mar que queriamos: aberto á cidadanía, participativo

