Noia inaugura o seu renovado Museo do Mar

 

 

 

 

06 Decembro 2025

A vila de Noia celebrou esta tarde, malia á intensa chuvia, a inauguración oficial do seu Museo do Mar, que reabre ao público tras varios anos pechado. Máis dun cento de persoas participaron no acto, no que puideron descubrir a nova proposta museística a través dunha visita guiada polas súas tres plantas completamente remodeladas.

A renovación do espazo é resultado da colaboración entre o Concello de Noia e a Asociación Mar de Noia, que uniron esforzos para dar forma a un museo moderno, divulgativo e profundamente enraizado na identidade mariñeira do municipio.

Durante o acto interviñeron o alcalde, Fran Pérez, e o tenente de alcalde, Manolo Seijas, quen destacaron que este é “o modelo de Museo do Mar que queriamos: aberto á cidadanía, participativo e vivo”. Ambos expresaron o seu agradecemento á asociación e ás persoas que fixeron posible esta nova etapa dun espazo que se converte nun referente para a memoria marítima da vila.

Horarios especiais de apertura

Para facilitar as primeiras visitas, o Museo do Mar contará con horarios ampliados nas próximas datas:

11, 12 e 13 de decembro

???? 10:00–14:00 h

Campaña de Nadal

???? 16, 17, 18, 19, 20, 22, 23, 26, 27, 29 e 30 de decembro
???? 2 e 3 de xaneiro
???? 10:00–14:00 h

Ademais, diversos centros educativos da comarca teñen previsto achegarse ao museo nas próximas semanas, reforzando unha liña de traballo que busca fomentar entre o alumnado o coñecemento da historia, do patrimonio e das tradicións vinculadas ao mar.

Con esta reapertura, Noia recupera un espazo emblemático e dá un paso decisivo na posta en valor do seu legado mariñeiro, consolidando o seu compromiso coa preservación e difusión da identidade cultural