A. Luaces
Os once tripulantes do pesqueiro Ray Primero foron trasladados na mañá deste domingo desde un punto a dez millas da costa coruñesa despois de que emitira un Mayday VHF 16 dando conta da existencia dunha vía de auga que non podían controlar e que, diante da posibilidade de que o buque afundira, deran orde de abandonar este e pasar á balsa salvavidas.
Salvamento MarítimoO Centro de Coordinación de Salvamento Fisterra mobilizou o helicóptero Helimer 402, as embarcacións Salvamar Betelgeuse, Altair e Shaula, así como o buque Duque de Ahumada da Garda Civil. Pouco despois das catro da mañá, o Helimer 402 rescatou da balsa á totalidade da tripulación en aparente bo estado de saúde, trasladándoos ao

