A frota atuneira europea integrada en Europêche valora positivamente os acordos acadados na 103ª reunión anual da Comisión Interamericana do Atún Tropical (CIAT) celebrada en Panamá. A frota celebra especialmente a redución da veda anual para a frota cerqueira conxeladora , que pasa de 72 a 64 dias. Un reflexo do “bo estado das poboacións de atún barrilete, aleta amarela e patudo no océano Pacifico oriental”. Desde Europêche salientan, amáis, que se trata da primeira redución que se leva a cabo dende 2009, feito que subliña a eficacia do sistema de xestión da capacidade e esforzo da CIAT, que logrou equilibrar a conservación coas necesidades de pesca responsable”.
Esta sesión de Panamá reflicte anos de esforzo dos pescadores para manter as

