A Foxa Atlántica, situada a 450 quilómetros da costa galega e zona frecuentada pola frota pesqueira desta comunidade autónoma saltou á actualidade cando o pesqueiro ribeirense “Xurelo” se fixo ao mar cun grupo de políticos, xornalistas e medioambientalistas coa pretensión de localizaren o puntio de vertido de material radiactivo que se guindaba ao mar desde distintos cargueiros e por mandado de empresas de oito países distintos dunha Comunidade Económica Europea da que aínda non formaba parte España.
Unha Foxa Atlántica que, baixo este pomposo nome, ocultaba unha perigosa realidade: un cimeterio nuclear con 250.000 bidóns cheos de resíduos radiactivos depositados no lugar por encarga de oito países comunitarios carentes dun sistema legal

