Polos anos que un ten, pola experiencia acadada en 50 anos de vida laboral e, entre outros aspectos, polo aprendido do mundo sindical durante o franquismo e a democracia que, entre todos, finalmente logramos instalar entre todos en España, créame o lector que entendo a preocupación que se vai espandindo ás alancadas entre o sindicalismo e os propios traballadores porque uns e outros temen -e non pouco- unha involución que modifique para mal o actual status social que rexe en España.
Porque evitar o absentismo laboral, eliminar trabas nas empresas e que as compañías de 250 empregados teñan a regulación das de 50, evitar que os sindicalistas accedan á dirección de postos de traballo como a CNMV, ao

