Dende vai máis de trinta anos, o sector pesqueiro de Galicia -ao igual que acontece noutras comunidades autónomas- conta con numerosos mariñeiros procedentes de África (sobre todo de Marrocos, Senegal e Mauritania), Iberoamérica e Asia. Falábase daquela de que a contratación destes profesionais era debida á falta de mariñeiros galegos. Ao mesmo tempo, sabíase que os contratados cobraban en moitos casos bastante menos que os mariñeiros nacionais, datos que corroboraron naqueles anos os sindicatos do mar.
Na actualidade e ainda que en menor medida, segue a producirse a contratación de estranxeiros. E malia este feito, o presidente de Pesca España, Javier Garat, incide estes días en algo xa utilizado polos armadores do devandito sector pesqueiro para xustificar os contratos

