Si, Pedro Sánchez decidiu seguir avante como presidente do Goberno “con máis forza se cabe”, dixo el mesmo na mañá deste luns. Rematou así con todas as especulacións rexistradas nos últimos cinco días cheos de incertezas.
Nin dimisión, nin moción de confianza. Tampouco nova convocatoria de eleccións xerais.
Na dereita, Núñez Feijóo deberá agardar unha nova quenda para dar o si ao rei Felipe VI se este formula nova oferta ao presidente do PP para se facer cargo da presidencia do Goberno español.
Porque Pedro Sánchez non abandona, non marcha: seguirá a ser presidente dos españois, sen ter moi en conta a “perversión democrática” que se evidencia na actitude da dereita política española, que o acusa de se acoller

