Dende vai algúns anos percorre os portos galegos o que sempre entendín coma un falar por non estar calados, ou porque non hai outra cousa que dicir sobre o futuro (desta vez inmediato, disque) da pesca galega. Unha outra versión do clásico popular “predícame, frade, que por un ouvido me entra, e polo outro me sae”.
Pero é máis serio ca todo o dito: son moitas as voces que, a día de hoxe, convidan aos armadores de cerqueiros e arrastreiros de litoral a vendelos dadas as escasas ou nulas expectativas de futuro para este tipo de frota.
“Poñédelle prezo aos barcos” é a frase que máis se pronuncia nos encontros ou xuntanzas de armadores que, máis ou

