Cada vez son máis os maiores que viven sós. Cada vez son máis os maiores recluídos en centros da terceira idade. Cada vez máis a sociedade galega pisa os carreiros trillados dende vai anos por aqueles que “inventaron” que os maiores -por non dicir os vellos- significan un “enorme peso” para eles unha vez que -ela ou el- perden a súa parella.
Setecentos mil galegos (un de cada catro cidadáns desta comunidade autónoma) somos maiores de 65 anos, o que significa que estamos (ou deberiamos estar) xubilados. Pero en Galicia só o 2,84% destes teoricamente “xubilados”teñen a posibilidade de seren atendidos nunha residencia das poucas existentes no país. E só o 14% das prazas de acollida existentes

