Menos mal que, a tiro de pedra do porto de Ribeira, o facho da Ínsua, considerado sempre como “faro”, segue a guiar a entrada e saída da dársena das embarcacións, o que fala de pasado e presente ao tempo que deixa no limbo o seu futuro.
Pero o certo é que a historia dos faros -abundantes nas costas galegas- vai esmorecendo co paso dos anos e a aplicación de novas tecnoloxías que, sen invalidar as funcións a eles encomendadas dende moitos anos atrás, fan cavilar nun tempo próximo no que eses grandes compañeiros da noite e os días de mal tempo dos profesionais do mar serán definitivamente arrumbados como obxectos que foron e xa non son.

