O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político chipriota sexa quen de lograr a aplicación do primeiro Pacto Europeo dos Océanos para chegar á definitiva conformación dun sector resiliente, competitivo e sostible . Unha vez que Costas Kadis sexa presentado ao Colexio de Comisarios, o Parlamento Europeo analizará as prioridades políticas e méritos do candidato para que este acceda ao cargo, sempre e cando o seu perfil sexa aceptado.
Para o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, a

