Con preto de 70.000 habitantes, os 247 quilómetros cadrados da comarca do Barbanza que constitúen os concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira souberon dende os primeiros tempos aproveitar todo o moito que o mar ofrecía (e aínda ofrece). En primeira instancia, a pesca e o marisqueo, base da súa economía. Consecuencia destas actividades naceron os estaleiros, que se diversificaron en Ribeira, Rianxo e Aguiño, con ramificacións na ría de Muros-Noia.
Tendo barcos e peixe e marisco, os barbanzáns foron quen de aportar o seu saber á explotación do mexillón criado en bateas facendo deste bivalvo un dos principais atractivos do sector conserveiro a carón da ameixa e, obviamente peixes como a sardiña, o xurelo,

