Entre falecidos e desaparecidos pola DANA que afectou -e semella pode repetir nos próximos días- ao leste da península Ibérica, superan as 300 vítimas, unha cifra que, sendo importante, non fai esquecer a dor causada, unha outra vez, en terras secas de cárcavas que arrastran soños poucas veces cumpridos. Barrancos que levan as ilusións de milleiros de homes e mulleres que agora atopan a resposta axeitada daqueles que viven como propia a desgraza desencadeada.
Unha resposta en boa medida protagonizada por xente nova afeita ás nosas críticas de “maiores” cando, coma “vellos”, aplicamos unha experiencia non sempre axustada á realidade, tal e como na actualidade se evidencia, cos mozos “armados” de pás, rastrillos e calquera cousa que sirva para

