O sancribense (natural de Cervo, Lugo) Antonio Basanta López, en tanto que integrante do equipo do Comisario de Océanos e Pesca da Unión Europea, debe repasar con detemento as funcións por el desenvolvidas na súa recentísima etapa como director xeral de Pesca, Acuicultura e Inmersión Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. E facelo, sobre todo, no que garda relación coa visión global do mercado da pesca, no que é un verdadeiro especialista ou experto.
Vai algo máis de dous meses, Antonio Basanta quixo por no disparadoiro á estrutura da UE ao convidar a esta a comezar unha nova etapa e modificar o rumbo nas, dixo el, “duras políticas” que xeraron un rexeitamento unánime no sector e

