O venres, 31 de xaneiro, rematará o prazo outorgado á cidadanía para que presente alegacións contra a reapertura da mina de cobre de Touro-O Pino. Trátase, na práctica, do mesmo proxecto presentado en agosto de 2017 -actualmente en exposición pública- que recibira unha Declaración de Impacto Ambiental negativa en xaneiro de 2020.
Segundo o BNG, esta é “unha nova ofensiva que ten a ver con recuperar proxectos de megaminería en todo o país” e este, o da mina de Touro, “é un exemplo vivo do que a Xunta do PP -afirma o partido nacionalista galego- é capaz de facer para poder dar carta branca a un proxecto con gravísimo impacto ambiental,

