Non sei se míster Trump (Donald) fai o que fai porque lle convén, porque o sinte así, porque non da para máis, ou porque, directamente, os estadounidenses quixeron comprobar se, realmente, o inferno existe e non porque o tío Donald vira como os migrantes ilegais comían gatos e cans porque os que non teñen carta de residencia en USA son así de famentos e desesperados e cómpre botalos fóra do país ainda que sexa a patadas.
Sexa cal sexa o resultado, así será tamén o grao de afectación da maior parte dos cidadáns do mundo porque cando os estadounidenses esbirran, o resto do mundo ten tos e febre alta.

