Pasaron 50 anos dende que Nacións Unidas (ONU) caeu na conta de que as mulleres traballadoras non tiñan os mesmos dereitos que os seus compañeiros varóns. Nunca antes se dera valor ao que facían as mulleres na industria, no agro, no mar… A ONU non soubo nunca (?) dos dereitos das mulleres noutros eidos da vida en USA, en África, Asia ou Suramérica e mesmo en determinados países europeos. Tampouco tivera en conta o tipo de labor que desenvolvían moitas mulleres da Habana as que, en tempos do presidente cubano Fulgencio Batista, acodían os grandes empresarios estadounidenses, como acodían aos burdeles vietnamitas os soldados norteamericanos, uns e outros para calmar determinados apetitos que, ao parecer, non daban calmados no país

