Donald Trump, presidente dos Estados Unidos de América (USA) é algo así coma un boneco nas mans do primeiro ministro israelí Netanyahu. Só así se poden xustificar (mínimamente) os centos ou milleiros -quen o sabe exactamente?- de mortos rexistrados nesta guerra sen sentido que se desenvolve no Oriente Medio dende vai tres semanas na que, amáis, ameazou con destruir en poucos minutos toda unha tan antiga civilización como é a persa (hoxe iraniana). Un boneco que remata as súas actuacións coma o máis simple dos paiasos e con exclusivamente o aplauso dunha manda de incontrolados descerebrados que aplauden con afán digno de mellor causa as súas saídas de ton.
Mentres Líbano denuncia “masacres” no maior ataque israelí desde o comezo desta

