León XIV, o papa de Roma, remata hoxe a súa estadía española na illa de Tenerife, após vivir en Gran Canaria a dor que corroe o corazón de milleiros de migrantes que levaron a súa negritude a unha terra seca de tanto migrar a suramérica.
Arguineguín como porto de entrada e vía de saída para un papa, mi niño, que sentiu o timple majorero na oración aos mortos atlánticos, aqueles que xunto aos do Mediterráneo carecen de lápida identificativa. Santana dixo adeus cos seus silbos a un Roque ergueito na terra queimada dos volcáns que rezuman cinsa de vida na terra do silencio.
León XIV trouxo e leva emocións, bendiciu nenos e escoitou verdades coma pans de peso nas que

