Se non hai remuda xeracional nun sector tan fundamental en Galicia como é o da pesca, semella que ese futuro non pinta mellor no do marisqueo, a teor do que esta fin de semana dixeron dúas das tres mulleres do mar homenaxeadas polo concello de Ribeira nun nacto desenvolvido no Museo Municipal ribeirense e que presidiu o alcalde, Luis Pérez Barral.
Unha pequena embarcación que reproduce ás propias do mar de Arousa foi o agasallo que recibiron Julia Noya, mariscadora; Elena Rodríguez, loitadora incansable pola igualdade nos cupos, e Ángeles Betanzos, mariscadora. Ribeira, Aguiño-Carreira e Palmeira, foron sempre os lugares de actuación profesional destas tres mulleres que souberon realizar o seu labor profesional ao tempo que superaron circunstancias tan

