Dende hoxe, a cidadanía galega ten un mes para presentar suxerencias e ideas que contribúan á organización do Foro do Litoral de Galicia.
O Foro vai constituirse coma o máximo ente de participación, consulta e asesoramento en materia de ordenación da costa da comunidade autónoma. O decreto que regulará a composición e funcionamento interno do devandito Foro vai ser sometido a exposición pública pola Xunta desde hoxe mesmo, cadrando no tempo -non no día- coa celebración dos primeiros 20 anos de vida da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
A constitución do Foro do Litoral , contemplada na Lei de Ordenación e Xestión Integrada do Litoral de Galicia (Loxilga) foi aprobada en xullo do ano pasado e paralizado

