Vai 40 anos as nais galegas de mozos das Rías Baixas deron un primeiro paso abaneando con toda a forza da que dispuñan o portalón de ferro pintado de negro do pazo de Baión. Ao mesmo tempo acusaban aos ocupantes do pazo de ter asasinado á xuventude galega que consumía a droga coa que traficaban daquela moitos e recoñecidos “persoeiros” que pasaron en pouco tempo do contrabando de tabaco á política e desta ao tráfico de drogas.
Nacía -en gran medida grazas á loita directa protagonizada por Carmen Avendaño, nai implicada desde a raíz como directa afectada polos estragos da droga no seo da súa propia familia- a Asociación Érguete de Nais contra da Droga. Con ela, con Carmen Avendaño

