A Dirección Xeral da Mariña Mercante (DGMM), do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostíbel impulso o novo Regulamento de Ordenación da Navegación Marítima (RONM), que entrarán en vigor o día 15 de agosto. Con esta nova normativa axilizaranse os trámites que requiren o despacho e enrole e desenrole da tripulación nos buques pesqueiros, mercantes e embarcacións de recreo mediante a posta en marcha dunha plataforma electrónica que reducirá tempos e tamén burocracia.
A Dirección Xeral iniciou este martes 22 en Vigo unha rolda informativa para atender as dúbidas dos distintos sectores afectados polos cambios normativos e facilitar “que a transición cara aos trámites telemáticos leve a cabo coa maior eficacia posíbel”. A información dirixiuse este martes 22 ao sector pesqueiro e

