Mentres Lamin Yamal erguía ao vento unha bandeira palestina após gañar a Copa do Rei de fútbol en España, cadrando coa discusión en torno a se hai ou non hai ratos nadadores, Gaza é un foco de enfermidades que, unha outra vez, denuncia a organización mundial “Save the Children”.
En Gaza estanse disparando as infeccións estomacais, a diarrea, a pneumonía e outras enfermidades que afectan especialmente aos nenos pequenos e a quen padecen desnutricionamento. Para eles no hai EPIS. Tampouco hospitais, bombardeados de xeito inmisericorde polo exército israelí os poucos que quedaban en pé no territorio vai dous anos.
As pragas de ratas, ratos e insectos espállanse polos campos de desprazados onde tentan convivir preto dun millón e

