Xa.
Chegou o día, veu a hora e as administracións do Estado e da Xunta de Galicia xa estamparon no pazo de Raxoi as sinaturas do acordo de transferencia de competencias de ordenación e xestión do litoral de Galicia.
Foi, é, no decurso da 44ª Comisión Mixta de Transferencias Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na que se formalizou o traspaso das competencias sinaladas. Foi a primeira transferencia de competencias realizada en 17 anos e ningunha das máximas autoridades presentes neste acto de hoxe tiñan daquela os cargos actuais: novatos, polo tanto.
Non deixa de ser chamativo que este traspaso se produza case un ano despois de que o Tribunal Constitucional, mediante sentenza, anulara a Lei de Ordenación

