O BNG propón un plan de investimentos e denuncia que Portos “fai caixa mentres mantén os peiraos de Ribeira abandonados” 17 Abril 2026 O Bloque Nacionalista Galego levará ao pleno do Concello de Ribeira e ao Parlamento Galego unha iniciativa para denuncia

 

 

 

 

A deputada fixo especial incidencia “no abandono do porto comercial”, onde as descargas, dixo, “pasaron de 98 millóns de quilos en 2001 a apenas 6 millóns en 2021 e practicamente desapareceron na actualidade, con só 118 toneladas de conxelados rexistradas en 2025”. Ademais, continúa sen retirarse o barco Awadi, calcinado en setembro, xunto con outras embarcacións inactivas que permanecen amarradas durante anos. “Este barco é un risco ambiental e debe marchar do porto ribeirense xa que se vai ao fondo pode verter todo o combustíbel que aínda almacena no seu interior. Non queremos que se repita a historia do L’Etel que acabou no fondo durante meses”.

 
Muro roto no porto de Corrubedo

A deputada do BNG no Parlamento galego,dixo que “o Partido Popular leva anos mirando cara outro lado mentres os portos de Ribeira se deterioran de maneira alarmante, poñendo en risco a seguridade das persoas que traballan no mar e o futuro dun sector estratéxico para Galiza”, e advertiu de que “é inaceptábel que problemas coñecidos desde hai anos sigan sen solución por parte de Portos”.

Pola súa banda, o ex-alcalde e portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, criticou que “Portos, xestionado polo Partido Popular, está máis preocupado por facer caixa que por manter as infraestruturas en condicións de seguridade e bo estado”.

 
Escaleiras esnaquizadas en Aguiño

Barral denunciou que o ente público “non só recada taxas do sector do mar, senón que tamén cobra taxas abusivas á hostalaría e aos concellos”, e puxo como exemplo que “no caso de Ribeira, Portos ingresa máis de 100.000 euros anuais procedentes do Concello, cartos que pagan os veciños e veciñas mentres os peiraos continúan nun estado de abandono absoluto”.

 
Lixo no porto comercial de Ribeira

Barral, informou que “esta iniciativa recolle as principais demandas que traslada o sector do mar” e esixe “que Portos realice un plan de mantemento ambicioso a medio prazo para os portos do concello de Ribeira no que se contemple o concepto e o orzamento a investir por cada anualidade”.

O portavoz cualificou de “servil” ao Goberno municipal, que “obedece ordes e non reclama o que lle corresponde ao sector”, por iso tamén demanda que “o Concello de Ribeira actúe con firmeza esixindo á Xunta medidas que revertan o declive da actividade portuaria e garantir o futuro dun sector clave para a economía local”.

“O sector pode contar con nós e imos trasladar as súas demandas ás institucións para que o porto de baixura máis importante de Europa teña os investimentos que merece” concluíu Barral.

—O BARBANZA