Ata o vindeiro mes de outubro, unha decena de patrullas da Brigada Galicia VII (Brilat), unidade de infantaría lixeira do Exército de Terra de España, creada en 1966 como Brigada de Infantería Aerotransportable, váise encargar de patrullar a serra do Barbanza, tarefa que xa comezou o pasado 4 de agosto e que terá continuidade durante as 24 horas de cada día co obxectivo de evitar – cando non de reducir – os incendiis foredtauis que cada ano afectan aos montes de Galicia.
O comezo desta actividade vixiante cadra coa saída dun dos grupos da UME (Unidade Militar de Emerxencias) de Niebla (Huelva) en medio do agarimo e recoñecemento da poboación onubense que tanto estimaron a presenza nas áreas queimadas desta unidade militar despedida co ondear de bandeiras españolas, os aplausos e os berros de agradecemento das persoas que se viron na obriga de abandonar os seus domicilios por mor do lume desatado nos montes da comarca e que en non poucos casos lambeu as paredes das casas.
A eclipse de Sol rexistrada o pasado día 12 foi a ocasión para que o Terzo Norte Tenor de Infantaría se despregara no Escuadrón de Vixilancia Aérea (EVA 10) cinco días antes de que, de xeito cotián, o fixese ata o de agora. As súas patrullas estás formadas co obxectivo de controlar 750 quilómetros cadrados de monte entre Boiro e a serra. Parten diariamente do EVA 10, as instalacións que o Exército do Aire están situadas a preto de 700 metros de altura. Desde aquí, a Brilat pode controlar prácticamente a totalidade da península do Barbanza, a ría de Arousa e a ladeira sur do monte Tremupo, á outra banda da ría de Muros-Noia. A Brilat vixía os v akes con cámaras de visión nocturna e visores de longa distancia, segundo informou La Voz de Galicia, cun alcance de ata dez quilómetros. Tamén dispón de drons que controlan outras patrullas desde ubicacións descoñecidas que colaboran con vixiancia de monte máis eficazmente.
A súa misión é, básicamente, disuadir aos incediarios coa súa presencia e dar conta de calquera evidencia que se produza.

