De primeiras os españois chegamos a Cuba para a conquistar no nome do reino de España. E no longo proceso de permanencia hispana na maior das illas antillanas, foi o capital estadounidense o que sentou as bases dun imperio gobernado polo dólar na media luz do malecón e a tiro de canón do castelo do Morro, na Habana, cando o galo cantaba un son guajiro no amencer isleño.
Desde Ramón Grau San Martín (na segunda metade dos anos 40 do século pasado) ao actual Miguel Díaz-Canel, Fulgencio Batista foi, con Fidel e Ramón Castro, dos persoeiros máis sobranceiros da historia de Cuba nos últimos cen anos, unha illa na que a corneta marcaba as horas dende Bahía Cochinos a Guantánamo, pasando polo Centro Galego da Habana e o Capitolio, a Catedral, o Museo da Revolución ou a “Bodeguita del Medio” co peso como moeda en troques do sempiternamente chorado dólar do que aínda falan os vellos “haigas” e as históricas bicicletas.
No devir do tempo, Cuba foi reducindo a súa capacidade de decisións; mais nunca chegou á situación nna ue actualmente se atopa con, por riba, ter a constante ameaza de Donald Trump, que a considera unha ameaza.
A este respecto, Díaz-Chanel rexeitou un informe do Departamento de Estado norteamericano contra Cuba e asegurou que ese documento tenta presentar á Illa coma unha ameaza, acusacións quen cualificou de falsas e manipuladas. Para resumir a súa postura utilizou o refrán “Coida o ladrón que todos son das súa condición”.
Resulta contraditorio, engade, “que Washington acuse a Cuba de espionaxe cando, durante décadas, Estados Unidos desenvolveu accións encubertas, operacións hostís e campañas contra do Goberno cubano”.
O presidente Díaz-Canel sinalou que “son públicas as partidas millonarias destinadas cada ano a programas de cambio de réxime” en Cuba, fondos “que financiaron estratexias de presión política, subversión, propaganda e outras accións dirixidas a debilitar o orde institucional do país”.
O presidente cubano lembrou varios episodios que Cuba atribúe á política estadounidense : “a introdución de pragas e enfermidades, a epidemia de dengue hemorráxico que provocou a morte de 101 cativos, a sabotaxe dun avión de Cubana de Aviación con 73 persoas a bordo, as bombas colocadas en hoteis, os intentos de magnicidio e as campañas de guerra psicolóxica”.
O bloqueo económico, comercial e financeiro e outro argumento empregado, segundo a denuncia do presidente da Illa, Díaz-Canel.
Para cando que EUA deixe en paz a Cuba e os cubanos?

