A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda.
Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un “home tranquilo”, deixou este mércores un pouso de inquedanza en moitos españois que se fan (nos facemos) decote esta mesma interrogante perante a situación que podería ser cualificada de hiperbólica se non se producira prácticamente acotío en calquera reunión de amigos, compañeiros ou familiares.
Pero feita con toda serenidade no Congreso dos Deputados e dirixida polo vicepresidente Cuerpo á portavoz do grupo do PP, Ester Muñoz, nen moito menos pode significar unha brincadeira.
Pode estar en marcha un novo 23 F., pregúntome a min mesmo?.
Os que vivimos o protagonizado en 1981 por Antonio Tejero, probablemente estivesemos máis lonxe de que tal posibilidade se producira daquela que na actualidade. E o que agora deixan entrever os voceiros de partidos da oposición non se pode entender coma un convite ao entendemento ou un achegamento por parte do Goberno á presentación dunha cuestión de confianza, e menos dunha moción de censura por parte da oposición porque as cifras non lles “da”.
O control ao Goberno ven sendo un acontecemento que non por agardado deixa de ser sorprendente: desta vez, Ester Muñoz dixo que o Goberno lanzara “un ataque frontal contra do Estado de Dereito” por considerar que pode haber “un golpe de Estado en marcha para depoñer ao Goberno de España”, ao que Carlos Cuerpo respostou que o Goberno defende a Xustiza “coma un piar do sistema democrático”, porque de Xustiza se estaba a falar na sesión matinal da cámara baixa, na que Cuerpo pediu que deixen traballar á Xustiza respectando os seus tempos.
Sexa o que sexa, o caso é que a cidadanía semella non estar conforme con este estado de cousas e non entende de liortas que, malia os aplausos outorgados ao papa León XIV na súa recente intervención na mesma cámara diante de tódolos deputados, nen moito menos hai lealdade e comprensión na que se dí é a Casa da Palabra.
Non estamos ao chou para repetirmos funestas experiencias.

