Dous días desta semana poñen en letras de ouro outras tantas celebracións mundiais: Este mércores, cinco de xuño, o Día Internacional contra a Pesca Ilegal, e o sábado, oito, Día Mundial dos Océanos. En ambos os casos, días de reivindicación, de esixencia, de palmaria necesidade de conciencia sobre o que a pesca ilegal significa e o que os océanos son para a Humanidade.
A pesca ilegal é unha amenaza fundada que, por máis que constatada a súa tristísima realidade, non deixa de producirse. É un problema que, como dí Natividad Sánchez, de Oceana, afecta ao océano en todo o mundo “e que custa á economía global decenas de miles de millóns de euros cada ano”.

