Oficialmente -que se saiba- o Plan de Ordenaciòn dos Espazos Marítimos e a súa poxa pola potencia eólica que este plan contempla non están concedidos, mais as empresas teoricamente concernidas nas concesións -pola Xunta, polo Goberno?- realizan en augas galegas que poderían acoller os parques de aeroxeradores prospeccións submarinas que afectan á pesca. Con que autorizacións, con que autoridade?. Ninguén o sabe oficialmente, aínda que caben poucas especulacións a este respecto, tendo en conta que autoridade se responsabiliza desas augas: a Xunta de Galicia.
Nas últimas horas barcos galegos que faenan á volanta denunciaron que o buque británico Ivero, que realiza traballos para empresas promotoras da eólica mariña en augas galegas (zona NO2) está a demandar que abandonen

