Un voceiro da autoridade marítima de Malvinas manifestou no programa Onda Pesquera de Radio España, que o afondamento do palangreiro Argos Georgia poido deberse á colisión do pesqueiro contra un bloque de xeo semisubmerxido, corroborando deste xeito o publiucado por obarbanza.gal e conversa cun antigo mariño.
Como xa é coñecido, no accidente citado faleceron 9 tripulantes -dous deles galegos- e 14 foron rescatados con vida. Outros catro mariñeiros -dous galegos- permanecen desaparecidos.
Esta é unha época do ano -inverno, aló- na que moitos bloques de xeo “navegan” ao garete nas proximidades do punto no que afundiu o buque anglo-noruegués, que ten bandeira de Santa Elena.
Os responsables marítimos de Malvinas mesmo barallaron a posibilidade dunha colisión contra dun

