Un voceiro da autoridade marítima de Malvinas manifestou no programa Onda Pesquera de Radio España, que o afondamento do palangreiro Argos Georgia poido deberse á colisión do pesqueiro contra un bloque de xeo semisubmerxido, corroborando deste xeito o publiucado por obarbanza.gal e conversa cun antigo mariño.
Como xa é coñecido, no accidente citado faleceron 9 tripulantes -dous deles galegos- e 14 foron rescatados con vida. Outros catro mariñeiros -dous galegos- permanecen desaparecidos.
Esta é unha época do ano -inverno, aló- na que moitos bloques de xeo “navegan” ao garete nas proximidades do punto no que afundiu o buque anglo-noruegués, que ten bandeira de Santa Elena.
Os responsables marítimos de Malvinas mesmo barallaron a posibilidade dunha colisión contra dun contedor perdido por algún buque nesa zona, teoría que desbotaron ao constataren que non se recibira ningún aviso de perda de carga polos buques que navegaban na área de afundimento do Argos Georgia.
Os seis superviventes españois están á espera de que se lles permita retornar a España, após ter prestado declaración o venres pasado. Os tres galegos finados no accidente serán trasladados ao Reino Unido, segundo informacións facilitadas pola delegación do Goberno en Galicia.
O avión que repatriará aos españois chegou a Stanley, capital de Malvinas, na mencida do sábado. O Goberno español ultima o itinerario de retorno, coa previsión de deixar no aeroporto compostelán de Labacolla os catro tripulantes galegos que sobreviviron á traxedia: José Saborido (capitán), Ramón Hombre, Ramón García e Francisco Gondar.
Os dous observadores oceanográficos viaxarían ata Madrid. Os corpos dos galegos finados César Acevedo, patrón de pesca e veciño de Vigo, e Santiago Leyenda, cociñeiro principal avecindado en Baiona, serán trasladados a Oxfordshire, en Inglaterra, para as autopsias, en cumprimento dos protocolos esixidos polas autoridades británicas. No que atinxe aos catro desaparecidos, mantense vixente o operativo de busca e, no seu caso, rescate con dous buques -un deles pesqueiro- e un avión.
A bordo do Argos Georgia ían 27 persoas: 10 españois, 8 rusos, 5 indinesios e 2 peruanos, a máos dos observadores. O palangreiro naufragou este luns e deixou un balanzo de 9 mortos e 14 superviventes, así como catro desaparecidos. Este buque, ao igual que o resto da frota da empresa, estaba deseñado para a captura de pescada negra nas augas máis esixentes do mundo e afrontar icebergs, climas impredecibles e grandes ondas mariñas. Dispuña dun servizo de comidas, salas de estar, un ximnasio e varios escritorios.
O barco fora construido o ano 2018 en Turquia. Pertence á empresa Argos Froyanes, especializada nas augas máis estremas do planeta con tecnoloxía innovadora, un avanzado sistema de seguridade e transporte, xunto con ferramentas para esa pesca especializada. A empresa ten máis de 15 anos de experiencia, como evidencia o ter realizado 264 campañas de pesca nas illas Georgias do Sur, 403 de pesca de pescada negra e 130 mareas no mar de Ross. Utilizaba técnicas para non impactar sobre o medio ambiente e minimizar a captura incidental, segundo medios consultados por este xornal. Todo o cal no poido, degraciadamente, evitar o gravísimo accidente relatado-

