“Manipula, que algo queda”

Antón Luaces

03 Setembro 2026

Agora que se fala na UE da “guerra híbrida” protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de  desinformación que o xustifican, ven a conto falar dunha Europa que só albisca danos cando estes atinxen aos países integrantes de vello na que foi Comisión Económica Europea (CEE) da que España comezou a ser parte en 1986.

Mais o acontecido na fronteira sur da UE os días 30 e 31 de agosto pasados non ten, para os responsábeis das relacións exteriores da Comunidade Europea – falo de Ceuta- non merece nengún xuizo de valor malia ser un asunto que leva máis dun mes en tódolos mediios de comunicación  europeos. Talvez non  é esta unha “guerra híbrida” que o “asalto” masivo á cidade autónoma española  do norte de África -fronteira sur de Europa- pero semellar seméllase coma unha castaña a outra.

Ese “asalto” foi “guiado” de xeito “activo” por membros presuntamente integrantes das forzas policiais marroquís, segundo un informe do Centro Nacional de Inmigración e Fronteiras (CENIF) de España -dado a coñecer este mércores- segundo o que a “planificación previa” e unha “dirección estratéxica e operacional”  para a realización desa avalancha migratoria dunhas 80.000 persoas procedentes de Marrocos sobre Ceuta “guiados” polos camiños de entrada á cidade autónoma por presuntos membros da seguridade marroquí camuflados entre

os migrantes. Estes, ao parecer, eran conscientes de que a súa estadía en Ceuta era unha cuestión de poucas horas, como se levaran consigo billetes de ida e volta. Unha circunstancia non preocupante para eles e tampouco para unha Unión Europea que, ao igual que o Goberno español “chegaron tarde” para evitar o problema coñecido xudicialmente en España onde o “que poda facer, que faga”.