O 3 de setembro de 2025, o Goberno presentou o Pacto de Estado fronte á emerxencia climática que rexeitaron PP e Vox.
Era aquel un paquete de medidas concretas, factíbeis e, segundo o propio Goberno, necesarias “que nos axudarán a construír un país máis resiliente ante a emerxencia climática e os seus eventos máis extremos”.
Case que un ano máis tarde máis de 90.000 persoas foron evacuadas dos seus domicilios nas provincias de Ávila e Toledo e a comunidade de Madrid a causa dos lumes e o fume provocados esta semana polos incendios forestais que afectaron -ata o de agora- a perto de 50.000 hectáreas de terreo maioritariamente arborado.
O Goberno e o PP deron forma onte, sábado, ao que sen chegar a ser un Pacto de Estado contra a Emerxencia Climática, si deu a sensación de ter sido un paso cara a unha aproximación para a acción conxunta de cara á súa conformación futura, por non dicir “a curto prazo de tempo”.
No medio dun pavoroso panorama de lume e fume, de destrución imparable (hai quen valora os danos ocasionados en máis de 6.000 millóns de euros só no feito da loita contra do lume) escoitar a Alberto Núñez Feijoo e Isabel Díaz Ayuso que estaban “unidos” co Goberno nesta oportunidade para plantar cara aos efectos dos incendios forestais foi coma auga refrescante para unha terra queimada que demandaba -ao igual que os moitos prexudicados polos incendios-traballo conxunto e coordinado para contrarrestar os efectos da seca, o vento e o lume desbocado que o mesmo queimou casas que cultivos, xardíns ou fragas.
Mañá, luns, a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aegesen, vai presentar un plan estatal de refuxios climáticos. Pode ser un primeiro e importante primeiro paso, porque a intención é habilitar espazos e edificios da Administración central para que sirvan de lugar de acubillo para as persoas que así o precisen coa fin de que poidan sentirse resgardadas fronte ás elevadas temperaturas. Estes serían espazos ben acondicionados de comforto para servir a esta tarefa.
As primeiras respostas positivas nacen no seo das oenegués, que xa amosaron a súa disposición favorábel as que tódalas administracións “fagan política en maiúsculas”, traballando en coordinación para vencer nesta problemática e supere “un negacionismo que ten elevadísimos custes, como expuxo Greenpeace.

