“Supremacistas do mundo, deixade en paz á veciñanza de Torre Pacheco”

 Antón Luaces

16 Xullo 2025

O de aquí, amáis de español e ferrolán, era pequecho coma Putin, de voz afrautada coma Trump e coleccionaba mortos coma Stalin ou Hitler. Chamábanlle Francisco, disque era moi relixioso e o pobo asumía, polas boas ou polas malas, que era o Caudillo de España pola graza de Deus e con poder dabondo como para procesionar baixo palio. Este pobo falaba polo baixiño de “Paco” cando Francisco Franco non  estaba presente máis aló das paredes das oficinas públicas – senón era o Caudillo- e, ao igual caos actuais caudillos que patean españois de 15 anos  que acoden en defensa de migrantes fillos de españois e estranxeiros, nujn tempo nio que xa nin se fala de Paco porque Franco morreu en 1975 e España vive en democracia prácticamente desde entón.

Supremacismo, fascismo, odio ao “diferente”?… nun país que mandou aos seus fillos á emigración para que moitos dos que aquí quedaron/quedamos poideran/poideramos seguir vivindo mellor do que daquela se vivìa nunha España de camisa branca da miña esperanza á que cantou unha Cecilia á que hoxe, ao igual que se fixo onte na localidade murciana de Torre Pacheco, se lle chamaría filla de puta. Todo porque a reporteira de TVE  narraba o que acontecía nunha nunha poboaciòn de corenta mil habitantes e, sobre todo, era unha muller.

Que está a pasar neste paìs que vai tan só 86 anos rematou unha guerra fratricida que moitos pensabamos estaba superada?.

Somos os rescaldos daquela lumeirada iniciada en 1936 que algúns tentan reavivar en 2025?..

Por nada do mundo quixera revivir non xa a guerra que non vivín senón o tempo posterior -que durou decenios- que foi a dun tempo de loito eterno que da a impresión que hai quen tenta poñer en pé sen ter en conta o custo de todo esto.