Xuntos, os de terra e os do mar, para diciren, alto e forte, “Basta, abonda xa!”.
Porque a falta de resposta do Goberno ante as reiteradas peticións de redución do IVE (Imposto sobre o Valor Engadido) para os produtos pesqueiros conduce aos profesionais da pesca á unión cos seus compañeiros do agro e a gandería. É dicir: os sectores da pesca, a acuicultura e as peixeirías, apoian publicamente as reivindicacións dos agricultores e gandeiros españois. Sumaranse por este motivo á manifestación do vindeiro 26 de febreiro, cadrando co Consello de Ministros da UE (Agrifish), en Madrid, convocada polas organización agrarias ASAJA, COAG e UPA.
En concreto, a Asociación Empresarial de Agricultura Española (APROMAR), Confederación Española de Pesca (CEPESCA). Federación Nacional de Cofradías de Pescadores (FNCP) e a Federación Nacional de Asociaciones Provinciales de Empresarios Detallistas de Pescados y Productos Congelados (FEDEPESCA) van sumarse a esa manifestación após ter recompilado datos durante as reunións celebradas nas últimas semanas, sobre a “crise de futuro” polo que está a pasar o sector primario español e europeo, dempois de ter solicitado ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Plaza, una xuntanza na que tentan expresar as súas inquedanzas e as das súas empresas e as dos traballadores que as conforman no momento actual, e que afectan directamente ao sector tanto en España como en Europa.
A crise europea saca á luz os problemas que ten a pesca española, á que se debe recoñecer e valorizar o papel dos pescadores e a vital importancia do seu labor para o abastecemento alimentario do país. Compre eliminar a desigualdade do trato entre pescadores e agricultores, o que sería un importante paso avante cara a creación dun sistema de produción máis xusto e sostible. Por exemplo na necesidade de conciliar a actividade produtiva coa protección do medio mariño.
É preciso eliminar, mediante a modificación de leis, aqueles aspectos que significan desigualdade de trato entre pescadores e agricultores porque, entre as políticas de regulación pesqueira aínda non se chegou ao necesario equilibrio entre a preservación dos recursos e a continuidade económica das comunidades dependentes da pesca como é, neste caso, Galicia. Algo que semella non figurar nos manuais de traballo dun Ministerio que, en España, engloba a pesca, a agricultura e a alimentación.

