“Alarma nos sindicatos e traballadores ante os cambios que anuncia o PP se chega ao Goberno”

 

 

 

 

Antón Luaces

04 Xullo 2025
 

Polos anos que un ten, pola experiencia acadada en 50 anos de vida laboral e, entre outros aspectos, polo aprendido do mundo sindical durante o franquismo e a democracia que, entre todos, finalmente logramos instalar entre todos en España, créame o lector que entendo a preocupación que se vai espandindo ás alancadas entre o sindicalismo e os propios traballadores porque uns e outros temen -e non pouco- unha involución que modifique para mal o actual status social que rexe en España.

Porque evitar o absentismo laboral, eliminar trabas nas empresas e que as compañías de 250 empregados teñan a regulación das de 50, evitar que os sindicalistas accedan á dirección de postos de traballo como a CNMV, ao Defensor do Pobo  ou do Banco de España -entre moitos outros, limitan os subsidios por desemprego e o intervencionismo do Estado nas empresas.

Son formulacións que inducen a pensar en que o novo PP que saia do  Congreso que esta fin de semana  celebra en IFEMA (Madrid) o Partido Popular de Núñez Feijoo e Miguel Tellado, modificará o status actual do traballador no caso de que o PP logre a presidencia do Goberno.

Os  sindicatos CC.OO e UGT, amosaron xa a súa preocupación ante a posibilidade de que se materializaran tales  medidas. Estas son consideradas polos sindicatos (en caso de que se levaran a cabo) “medidas antidemocráticas” e “retrocesos”. 

Os preto de catro mil compromisarios e convidados ao congreso do PP, so escoitarán mensaxes de unidade en torno ao presidente do partido.