Non é a primeira vez que se denuncia a existencia de pesca ilegal en buques da frota chinesa, pero agora súmase a esto a comisión de abuso dos dereitos humanos en barcos da máis importante empresa de productos do mar en China. Por este motivo recoméndase aos gobernos que introduzan unha vixilancia rigorosa, inspeccións portuarias e controis de importación; os responsables políticos deben investigar e depurar as cadeas de subministración contaminadas; e os compradores mundiais de marisco deben esixir responsabilidades e trazabilidade.
A frota pesqueira de Zhejiang Ocean Family, unha das principais empresas pesqueiras do mundo, ven de ser acusada de pesca ilegal e abusos dos dereitos humanos pola Environmental Justice Foundation (EJF), após a publicación dun

