En máis dunha ocasión téñome referido á importante produción artística e literaria que rexistra acotío a terra do Barbanza, actividade que se reflicte decote neste xornal e que promoven activamente concellos e sociedades civís, o que fala para ben da preocupación dunha cidadanía por se expresar -conscientemente- máis aló do que os seus antergos o fixeron.
Tamén está a iniciativa privada -da que asimesmo da mostra O Barbanza nas súas constantes informacións a ese respecto- cuxo culmen non sempre é acadar premios e recoñecemento de méritos pero que, sen dúbida, fala -e fala ben- da inmersión que na música, o teatro, a literatura, a pintura, o gravado, etc., están a facer os barbanzáns e que, particularmente, nos enche de satisfacción e

