A radio é, dende vai cen anos, o trebello que máis influíu no ser ou non ser dos españois. A primeira emisora de radio en España comezou o seu funcionamento en fase experimental no ano 1906; máis as primeiras emisións radiais en Galicia producíronse o 15 de xaneiro de 1933 para exercer no éter a condición de galeguidade e do Estatuto de Galicia por medio da formulación nidiamente nacionalista dos defensores do que, anos dempois, sería unha realidade non aceptada totalmente polo nacionalismo que hoxe acubilla o BNG: a comunidade autónoma de Galicia.
Nacía daquela a concreción dun soño comunicacional feito realidade que se chamou EAJ-4 Unión Radio Santiago de Compostela, a través da que, xa

