O municipio coruñés de Cariño con algo menos de 4.000 veciños, ten unha superficie de 47 quilómetros cadrados no territorio do Ortegal, o que lle outorga unha densidade de poboación de 78,7 habitantes por quilómetro cadrado. Na capitalidade do concello fica a parroquia que da nome a este e, coma concello, constitúe o número 313 da comunidade autónoma de Galicia grazas a que a veciñanza soubo defender xudicialmente o seu dereito á segregación do concello de Ortigueira, certificada esta o 21 de xaneiro de 1988.
Dolmes e laxes falan da antigüidade da poboación desta terra dende o monte do Limo á punta da Herbeira, pasando polo castro da Moura e os da Punta do Castro e de

