A fame obriga. Ou, o que ven ser o mesmo, a necesidade de reducir custes fai que experiencias acumuladas durante séculos, obriguen aos armadores de todo tipo de buques a repensar antes de investir na construción de novos buques: retornan as velas e, desta vez, non só para as embarcacións deportivas ou de recreo, senón tamén para as de transporte marítimo e pesca. Na nosas rías, nos nosos mares, en todos os océanos, teremos a presencia fresca, amable, de buques silenciosos nos que o vento nas velas será o impulsor de embarcacións cuxa proa retomará vellas rutas para deixar unha outra vez ronseis de esperanza.
Fai catro anos, o “Balueiro Segundo” convertíase no primeiro pesqueiro do

