Juan Ujía era un viciño de Bandourrío (Ribeira) moi dado a filosofar en faladoiros como as que mantiña Manolo Cabanelas na súa perruquería de cabaleiros da rúa Manzanares, cabo da tenda de ultramarinos que rexentaba a propia nai do perruqueiro.
Juan Ujía contou nunha ocasión, sentado na cadeira de barbear que, estando na Pedra Pateira, contemplou como se formaba un inmenso banco de néboa procedente da Ameixida, vía O Touro, que engulía Fontán e que produciu nel un certo medo porque, segundo un dos asistentes naquel faladoiro, Ujía afirmou que era tal cal el imaxinaba o inferno.
Juan armou os trebellos de camiñar (un bastón e unha muleta) e fixou rumbo cara a fábrica de conservas de Cerqueira. Máis

